Acabo de atopar con agradable sorpresa na web da Associação de Radioamadores do Alto Tâmega - ARAT o anuncio da celebración da 1ª Feira de Radio do Alto Tâmega, prevista para o vindeiro sábado 19 de xullo. Unha boa oportunidade para os amantes do chambo .
Chegan novas dun novo concurso na banda de VHF, modo FM. Persoalmente descoñecía a súa existencia e este ano resultarame imposible participar, pero aquí vos poño as bases, por se alguén se anima. Ao final podedes atopar un enlace para descargalas en formato PDF.
O pasado venres 25 de abril, data sinalada para os nosos colegas de CT, recibimos de xeito gratuito un exemplar da revista QSP enviada por Adelino, CT1AL, director e propietario da mesma, xunto cunha QSL directa confirmando o noso primeiro QSO en 23cm con el. Vese que o buró non funciona moi á présa, xa que enviamos todas as QSLs do ano 2006 hai aproximadamente 10 meses.
Outra información que nos chega a través de EA1AEN é a celebración do 4º Concurso VHF - UHF organizado pola Associação de Radioamadores do Alto Minho (ARAM).
Este concurso celebrarase o día 10 de maio próximo, nas modalidades de FM e SSB, nas bandas de 2m, 70cm e 23cm, dende as 12 ás 21 horas UTC.